28/07/2021

Goberno Inconstitucional

 

 

Grazas a unha votación reveladora (6 contra 5) o Tribunal Constitucional declarou que o confinamento de 3 meses establecidos baixo o Estado de Alarma foi inconstitucional. Polo tano parece que temos un Goberno que ten decretado normas inconstitucionales á mantenta e como calquera outro poder do Estado (Govern de Catalunya) debe recibir sanción polo seu comportamento na medida co devandito comportamento suspendeu dereitos constitucionais de 47 millóns de cidadáns que conformamos a nación.

É o momento de poñer no seu lugar a quen detentando os Poderes do Estado converten a vida dos cidadáns en "corralitos inconstitucionais" baixo ameaza de multa e exercendo coerción sobre a liberdade de movementos de 47 millóns de persoas. Dende os nenos que non puideron saír á rúa en 3 meses ata os maiores retidos nas súas residencias prisión-tanatorio por Decreto do Goberno! Pais, nais, avós abandonados á súa sorte por Decreto do Goberno !

Se decretar 30 segundos a Independencia da República Catalá mereceu sentenza condenatoria do Tribunal Supremo co posterior indulto do Goberno salvo a inabilitación para cargo público, no caso da conculcación dos dereitos individuais de 47 millóns de españois, o Presidente e o seu Consello de Ministros e Ministras deberan quedar inabilitados para calquera cargo público por 30 anos para protexernos de quen ostentando os poderes do Estado utilízaos contra a cidadanía, incurrindo en flagrante delito de inconstitucionalidade. Existe para iso o Artigo 102 1. A responsabilidade criminal do Presidente e os demais membros do Goberno será exixible ante a Sala do Penal do Tribunal Supremo. 2. Se a acusación for por traizón ou por calquera delito contra a seguridade do Estado no exercicio das súas funcións, só poderá ser suscitada por iniciativa da cuarta parte dos membros do Congreso (88 deputados) e coa aprobación da maioría absoluta do mesmo (176 deputados). 3. A prerrogativa real de graza non será aplicable a ningún dos supostos do presente artigo.

Se Presidente e Consello de Ministros non asumen a súa culpa, sexa o Congreso da nación quen lle retire a súa confianza e convóquense eleccións para coñecer a vontade dos cidadáns e abrir unha nova legislatura na que os principios constitucionais sexan escrupulosamente respectados.

Pola contra que ninguén se estrañe de que o próximo Real Decreto siga o camiño dos anteriores ata a abolición permanente dos dereitos constitucionais.

A cousa non consiste en dirimir se o Goberno actuou ben ou mal decretando confinamento e restrinxindo a mobilidade e a reunión dos cidadáns empregando para iso un Estado de Alarma ou un Estado de Excepción, moi ao contrario do que algúns pensan non se trata de si o Goberno pode ou non pode facer o que lle veña en gana, se non de saber que NINGÚN GOBERNO pode suspender dereitos fundamentais baseándose única e exclusivamente na súa vontade política (seis meses baixo Estado de Alarma!)

O Goberno -como moito- podería suspender dereitos por 30 días (baixo Estado de Excepción) pero xamais por SEIS meses !

Vaiamos ao tema central: votamos un Goberno para que suspenda indefinidamente os nosos dereitos constitucionais? Xamais, e se alguén o fixo debera facerse mirar. Os nostálxicos da ditadura quizais entendan que o Goberno debera suspender todos os dereitos mentres dure a pandemia. O peor do caso é que son os chamados "progresistas" quen o fixeron e agora nin sequera recoñecen o seu exceso e o seu erro ! Prefiren seguir acusando aos membros do TC de fascistas ao servizo de escuros intereses involucionistas, cando son eles quen se refuxian no Goberno para converter á cidadanía en menor de idade permanente.

Reciban, pois, a sentenza que en xustiza lles corresponde: inhabilitación por 30 anos para calquera cargo público aos que tan alegremente saltáronse a Constitución (que son os dereitos de todos) para manterse indefinidamente á fronte dun Goberno que nin sequera foi capaz de resolver os problemas da pandemia, cuxa resolución foi rápidamente transferida ás Comunidades Autónomas limitándose a xestionar unhas vacinas que seguen chegando a contagotas dende a Unión Europea. Pretenderon suspender a Lei de Sanidade galega e por segunda vez o TC quitoulles a razón.

¿Os cidadáns sabemos comportarnos ante unha grave situación de pandemia? Sen dúbida, sabemos comportarnos e demostrámolo a diarío malia as estupideces do Goberno: que segue tercamente tocando arrebato para reactivar a economía de bares e discotecas mentres o 40% da poboación segue sen vacinar e abre as portas a todos os turistas británicos que estenden alegremente a variante Delta entre os nosos cidadáns provocando unha quinta ola que machacará o verán estendendo as súas funestas consecuencias ata o Nadal.

Apelamos á Diputación Permanente do Congreso para facer respectar os dereitos e liberdades públicas e poñer fin a un Goberno Inconstitucional. Esta é a única vacina contra os que pretendan asaltar no futuro os poderes do Estado para establecer por Decreto os seus intereses particulares.  

Chámase Democracia.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Boga con dous remos...