sábado, maio 25, 2019

Facebook. Gran Mentira Azul



Como podemos fiarnos dos datos que facilita a rede social hexemónica no mundo? 

Si eliminou 2.200 millóns de contas falsas no primeiro trimestre de 2019, alguén cre que a rede do ególatra Mark Zuckerberg conta realmente con 2.300 millóns de usuarios regulares?

O seu dominio da industria publicitaria repórtalle un valor aproximado de medio billón de dólares!
(En cristián 500 mil millóns de dólares) Esta miserable rede enganou e mentiu a todo o mundo desde os seus comezos, inflando e creando millóns de contas falsas manexadas automáticamente por un bot e dirixindo os seus ataques a aqueles nodos que pretendían organizarse libremente para cambiar o mundo (15M e demais foros alternativos) sementando odio e desconfianza alí onde actuaba... e deixando fluír o tráfico sen intromisións naqueles nodos que engordaban o seu negocio publicitario.

Ata que a Unión Europea estableceu regras de transparencia contra o Xigante Azul, esixindo coñecer as súas contas con merididana claridade e reclamando o pago de impostos polos dividendos obtidos. Agora di elimniar 2.200 millóns de contas falsas? Cando debemos crer a este mentioso compulsivo? Cando presumía de ser a rede social hexemónica do mundo, ou agora que adelgaza un 50% antes de facturar e pagar os impostos...?

Sabemos cas grandes compañías en calquera sector están infectadas por grandes mentiras, os seus gabinetes legais traballan 24 horas ao día para evitar as leis fiscais e seguir crecendo sen límites converténdose en oligopolios que dominan o noso espazo público e privado.

Hoxe quixera reflexionar sobre o noso comportamento como usuarios da sociedade da información.

Por que somos tan imbéciles? En sentido literal “in baculum” é o que precisa do bastón para camiñar, que precisa de que outro lle faga parecer o que non é (dereito e firme), que precisa de escribir os seus pensamentos nun lugar alleo para que os lectores reciban o seu discurso envolto nun formato que lle dea prestixio ou certa credibilidade... neste sentido somos imbéciles.

Hai máis de dez anos tiñamos unha fantástica rede social galega, construida por galegos, e na que falar do noso e intercambiar ideas e pensamentos mediante as mellores e máis avanzadas tecnoloxías da comunicación naqueles tempos iniciais das redes sociais.  Cabozo fixo posible a videoconferencia a catro bandas moito antes de que o Xigante Azul tivese siquera pensada isa posiblidade... pero ninguén quixo apostar polo noso.

Moitos daquela consideraban pouca cousa o fenómeno tecnolóxico propio e foron buscar o bastón noutro lugar máis alonxado (seica o inglés tiña imán para os papanatas que consideran minorizada a súa lingua propia).

Así unha rede autóctona con máis de 4.000 usuarios deixámola esmorecer e fomos buscar “prestixio e recoñecemento” ás caixas de cores esvaradizos de funestas arquitecturas pero revestidas dun aquel estranxeiro que semella ser algo máis importante, máis avalado pola globalización angloamericana.

Se Facebook fose chinesa ou árabe non tería o éxito que tivo, pero acostumados a consumir o cinema holiwoodiense tamén pensamos que estar nas redes do Imperio tiña un aquel engadido que facíanos importantes!

As mentiras tiñan as pernas curtas.  Zuckerberg foi sempre un chismoso, quixo saber como tiñas as tetas as rapazas do campus universitario sen sair siquera da súa habitación.  E logo quixo saber como eran os pensamentos máis íntimos dos usuarios da rede, e para saber máis comezou a solicitar datos, número de teléfono, enderezo, código postal, xeolocalización, vídeos en directo, e todo ese potencial converteuse no Big Data.

Pero mentiu, nin era unha rede social nin era hexemónica, só nolo fixo crer e fomos crédulos por imbéciles!

Por non crer en nós mesmos, por non apostar pola nosa intelelixencia, por non crer que éramos mellores que aqueles que viñan do mundo das Universidades Privadas Estadounidenses.

Sempre papanatas, sempre mirando ás cimas do Everest (colapsadas por turistas) cando dende o monte Tegra o mundo está aos nosos pés... Sempre considerando que o futuro vai vir de fóra, coma se esta terra non fose suficientemente vella e sabia como para acreditar nela e exportar ao mundo a nosa sabiduría e o noso coñecemento.

Papanatas, imbéciles, escuros... con páxina en Facebook !



P.S.

Hai meses pensei que Cabozo ía pechar para sempre, afortunadamente segue VIVO e agardando o regreso dos que foron a Vigo por ver Cangas! 

Cabozo non precisa eliminar ningunha conta falsa, porque nunca dixo mentira !

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Mellor se bogamos con dous remos...