Non
sabemos onde deu a volta o mundo, pero o mundo dá voltas tódolos
días!
Ocupados
nas nosas vidas cotiás, afogados polas urxercias do capital, tiramos
polo camiño do medio sen pensar siquera que imos directamente camiño
da nosa sepultura!
Para
falar de vagar sobre a liberdade de expresión e a calidade dos
medios de información cómpre ter algún referente, e
sinceiramente penso que Chomsky sabe máis por vello que por demo:
cando falaba do Modelo da Propaganda sabía ben o que dícía:
que todos formamos parte do tinglado, e seguramente a única saída
será o fin da liberdade (a escravitude das mentiras compartidas!)
Os
cinco filtros básicos que dominan en maior ou menor medida aos
medios de comunicación de masas son : o diñeiro (os intereses
económicos dos accionistas dos medios), a publicidade (e a presión
que exerce sobre os medios patrocinados), as fontes de información
(normalmente axencias de noticias privadas ou departamentos de prensa
de partidos políticos ou de institucións públicas e privadas), os
comentarios lixo (flack) que poden facer caer a reputación dun medio
en virtude da repercusión mediática do autor (en certas redes
sociais este perigo é evidente) e, por último, o gran filtro da
seguridade nacional (quen se atreve a publicar algo sobre a vida dun
“terrorista” ou dun “narcotraficante” sen consultar antes coa
asesoría xurídica?)
Como
vemos todos estamos implicados polos filtros que van convertendo a
“información” pouco a pouco en pura “propaganda” (dicimos e
escribimos o que algúns queren ouvir, evitamos dicir o que a outros
poda molestar, e mesmo autocensuramos calquera expresión
“humorística” non vaia a ser que alguén nos poña unha querela
criminal!)
Pero
logo de analisar os atrancos á liberdade de información
deberamos preguntarnos se aínda queremos ser xornalistas ou
preferimos transitar cara ao departamento comercial de publicidade.
É
honesto recoñecer que ninguén vai apoiar o noso esforzo, que
vivimos tempos nos que a multitude xulga e condea antes de enxuiciar
racionalmente as novas que se publican nos medios; que a ninguén se
lle pode pedir máis do que se está disposto a dar...
Pero ás
veces cómpre facer unha paradiña e pensar se foi ese o impulso que
nos levou a fundar un medio de comunicación alternativo, se queremos
vivir coma tantos e tantos escravos da información allea e publicar
o que dictan as normas (e o sentidiño común!) ou se cando tomamos a
decisión de abrir unha xanela á liberdade críamos que o poder da
prensa podía facer cambiar o mundo...?
Hoxe
seguimos na mesma incertidume: ¿os novos medios nacen para abrir
xanelas ou nacen para acaparar audiencia e recursos económicos vía
publicidade? Son medios de parte, onde as novas só poden ver a luz
se son conformes aos intereses dos patrocinadores (partidos e
sindicatos), son medios de entretemento dos usuarios (onde vendemos
noticias morbosas que disfrazan a realidade converténdoa en puro
sensacionalismo...), son medios subvencinados pola Administración de
turno (dende a Xunta aos Concellos pasando polas Deputacións) que
abren seccións de pago para recaudar dúas veces grazas ao vello
conto da leiteira... Son medios que viven entre o fusco e o lusco da
información e da mentira declarada!
Pero
hai outros medios que son indispensables: que teñen vocación de
xornalismo comprometido coa realidade, que non se conforman co bruído
mediático retuiteado un millón de veces, que son fieis á verdade
(sexa esta o que sexa) e que dan aos seus lectores a oportunidade de
expresar o que pensan sen restriccións nin censuras previas...
¿Canto valor teñen estes medios?
Algúns
sabemos que os vigueses somos aporofóbicos grazas a Juan que leva
máis de dous anos acampado diante do Concello máis premiado e
mediático do mundo... (se léramos Faro de Vigo non teríamos nin
idea do que estamos a falar...)
Algúns
sabemos que En Marea foi colonizada pola vella esquerda do PCE-EU
pero se leramos La Voz de Galicia diríamos que o problema da nova
política das Mareas está nos “podemitas”...
Algúns
coñecemos que o afán privatizador non é exclusivo do PP-PSOE senon
que está no ADN dalgúns nacionalistas que gobernan Ribadeo...
Algúns
medios foron quen de publicar con detalle a frustración na
tramitación da ILP sobre a pobreza enerxética en Galicia, mentras
os que len outra prensa consideran que pagamos a luz máis batara do
mundo... case de balde!
Que non teñamos
políticos á altura da prensa independente non quere dicir que
teñamos que matar ao mensaxeiro!
Que
teñamos que aturar os monólogos de Yolanda Díaz no Canal24Horas
non pode converternos en cautivos das traizóns perpetradas por esta
muller en Galicia! (Alexandra Kolontai)
Que La
Sexta nos faga tragar o talante hiperdemocrático de Abel Caballero
resulta indignante...!
E así
poderíamos seguir falando das canteiras do Courel, dos recheos das
rías galegas, das macrodepuradoras que non depuran, da xustiza que
non xulga narcotraficantes, das mortes silenciosas executadas polas
listas da morte do SERGAS, ou dos médicos en folga por unha sanidade
de calidade para a poboación que paga os seus servizos!
Que non teñamos
políticos á altura desta prensa independente, non quere dicir que
teñamos que matar oa mensaxeiro!
Son
tempos difíciles, para todas, pero non podemos seguir aturando
tantos silencios cómplices!
Que
teñamos medios “alternativos” que impiden a voz dos lectores na
maior cidade de Galicia, non nos fai avanzar na boa dirección. Pero
sí alentamos o esforzo calado doutros medios que cicais con menos
fortuna están colonizando as bisbarras desta terra para abrir
xanelas de futuro favorecendo a complicidade dos seus lectores...
É
posible que teñamos diante un muro pero tódolos muros rematan
caendo...!
A
liberdade de información e de expresión é o cerne dunha
democracia adulta, sen ela calquera votación pódese converter nunha
rateira na que a xente entra pero xa non atopa o camiño de saída...
Unha
prensa libre é un gran faro que alumea aos mareantes na súa
longa noite de pedra...!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Boga con dous remos...