Proxecto de Recuperación Galicia 2020 - 2030
1. Reconstruir tódalas aldeas e lugares con criterios de sostibilidade medioambiental (arquitectura e paisaxe)2. Repoboar as vivendas baleiras no rural e nas pequenas vilas con inmigrantes por un período de DEZ anos.
3. Dixitalizar tódolos servizos básicos dos Concellos:
- lixo (reciclaxe, compostaxe)
- auga (consumo e depuración)
- luz e gas (fotovoltaica, eólica, hidráulica, mareomotriz, aproveitamento de xurros)
- democracia (Plenos via streaming con posibilidade de participación por chat)
4. Ampliar a fibra óptica a tódolos Concellos de Galicia (concurso competitivo entre empresas solventes)
5. Seguir subvencionando o transporte interurbano e mellorar frecuencias e servizos (app en tempo real das liñas de bus)
6. Facilitar a apertura de negocios en vilas e aldeas (restauración, panadería e pastelería) con reducción de taxas.
7. Escolas de intercambio cultural de experiencias entre Concellos, aldeas e lugares
- Obtención do título homologado de Animador Socio Cultural para a Reconstrucción e a Resiliencia.
- Favorecer a aprendizaxe de idiomas a nivel básico (comunicación) con viaxes aos países de orixe dos inmigrantes.
8. Ante estas vantaxes competitivas Galicia será un destino preferente para vivir e incrementar a natalidade.
9. Ao cabo dos DEZ anos: avaliación externa e pública do Proxecto Galicia (auditoria contable, productividade dos responsables, problemas xerados pola iniciativa, propostas de mellora, eliminación e ampliación de accións)
10. O prazo de execución de calquera acción concreta non pode exceder os DOUS ANOS dende o inicio do Proxecto.
Unha VIDA DIGNA como base dun futuro sustentable para Galicia no Mundo !
A calquera que analice de vagar o Proxecto non terá dúbidas das sinerxias positivas de cara á internacionalización da nosa economía e recursos naturais, así como o enriquecemento da bagaxe cultural do noso pobo de cara ao século XXI.
Abrindo as portas de Galicia á VIDA, todos gañamos VIDA !
Logo de varios meses tentando facer chegar este Proxecto vía Twitter sen que ningún Grupo Político se fixera eco da proposta, decidín abandonar ese mundo das Redes e seguir o meu camiño...
ResponderEliminarTraslado aquí os Detalles do Proxecto
1. Unha Base de Datos con vivendas dispoñibles por dez anos (cesión con especial protección: seguros anti ocupación, incendios, elimiación de taxas e impostos, axilización de auga, luz e saneamento) atraería novos proxectos de arquitectura sostible e paisaxismo de calidade.
2.Desprazar Técnicos de Emigración para ofertar e avaliar ás persoas idóneas. Non se trata de impedir a experiencia, pero sí de informar en detalle sobre o proxecto e as características do país. Evitando falsos emigrantes rurais que non terían acomodo nas nosas vilas e aldeas.
3. A dixitalización dos Concellos e Administración Electrónica facilitará os trámites para levar adiante estes proxectos e favorecerá a extensión da fibra óptica a tódolos veciños e Institucións deses mesmos Concellos.
4. Priorizar ás persoas con menores a cargo que aumentarían o número de nenos e nenas nas escolas do rural galego, mantendo os Centros Educativos abertos e mellorando os servizos de transporte escolar que facilitarán o transporte interurbano gratuíto para os menores de 21 anos.
5. Cando teñamos un NODO de actividade (casa cedida – proxecto arquitectónico – auga, luz e saneamento) alguén deberá mostrar as posibilidades e explicar os compromisos aos aspirantes dándolles un prazo razoable para tomar a decisión.
5. 1. Estas persoas cursarán cualifiación como Animadores Socio Culturais para a Reconstrucción e a Resiliencia. Poden ser funcionarios de Concellos e Deputacións por concurso de méritos (Voluntario) ou titulados en Traballo Social, etc. ou Voluntarios (xubilados, etc.)
6. Asesoramento técnico para a apertura de negocios no rural (rabaños de cabras, ovellas, limpeza de fincas, traballos albanelería, mecánicos, informáticos, etc. Obradoiros de panadería, pastelería, restaurantes… Os talleres lingüísticos son básicos para tramitar permisos...
7. Calquera NODO debera presentar resultados antes de 2 anos dende o inicio do proxecto. Os animadores deberán realizar una 1ª avaliación sinalando puntos febles e retroalimentado a BD para futuros nodos e informando sobre as melloras acadadas e participando Plenos dos Concellos.
8. Avaliación Proxecto 2030: datos económicos, laborais, sociais, educativos, reunificación familiar, natalidade, cohesión social... Debe facerse pública e valorar aos responsables, decidindo a ampliación por 5 anos máis, ou a restitución dos bens aos propietarios iniciais.
9. Agora só falta tramitar o Proxecto (quedará no caixón) mentras a Débeda Pública achégase ao 125% do PIB e os políticos seguen inflando nóminas e complementos de "productiviadade" como se fosen merecedores deles. Para nós queda a Miseria !
A Débeda Pública española xa rebasou o 125% e a Economía segue estancada. A inflación comeza a dar zarpazos aos aforros das clases medias, o Goberno non resolve a Hipoteca das Novas Xeracións
ResponderEliminarInterpelación Vivenda Baleira - Galicia
ResponderEliminar