Son moitos os que aíndan pensan que o Estado somos nós, e nada máis
lonxe da realidade, para comprobalo bastarán uns exemplos
elementais.
O Estado publica lexislación dabondo na que fala do perxuízo que
causa na poboación as labores do tabaco. Mesmo educa na prevención
de alcol e drogas e moitos consideran o tabaco unha droga moi dañina
que debemos combater!
Non vou falar dos narcos galegos (nin dos tempos do Winston de batea)
imos ver cal é o negocio do Estado (Facenda Pública) sobre as
labores do tabaco legalmente vendido nos estancos do país. 80% son
impostos e 20% o custe real do producto (incluíndo ganancias do
produtor, exportador, loxística e comercialización dun paquete de
tabaco). O ano pasado 2017 a recadación por impostos e taxas derivadas das
labores do tabaco alcanzaron a bonita suma de 9.000 millóns de
euros! Agora podemos entender que o tabaco lonxe de prohibirse (se é tan malo como dín) repunte e siga tendo tódalas facilidades de
venda (máquinas expendedoras en calquera lugar ao alcance de
calquera).
Se un paquete de Camel Essential custa no estanco 4,60 € a Facenda
Pública recada 3,68 € por paquete (80%) mentras o custe restante
0.92 céntimos de euro son para pagar o produto e as ganancias dos
proveedores! Non é de estrañar que nos anos 80 moitos galegos se
fixeran co negocio do tabaco de batea! Os beneficios son enormes e
os riscos escasos.
Pero agora no século XXI o Estado aprendeu a lección: para que imos
perseguir contrabandistas cando o propio Estado pode beneficiarse do
negocio? Bastará establecer controis aduaneiros axeitados e poñer
a funcionar a máquina de gañar cartos!
A esa señora que o outro día protestaba nun semáforo porque lle
molestaba o fume do meu cigarrillo debera dicirlle que grazas aos
meus impostos existe o semáforo e o paso de peóns no que estamos
detidos respirando tódolos fumes dos coches que pasan diante nosa!
Vexamos outro exemplo sinxelo: canto custan catro laxanxas (1 kilo
con 22 gramos, segundo a báscula de Mercadona), catro laranxas
custan 1,53 €, é dicir que para inxerir fruta debo pagar 0,61
céntimos de euro máis co que custa realmente un paquete de tabaco!
Neste negociado Facenda mete o nariz un 4% polo que recada 6 céntimos
por catro laranxas! (un céntimo máis do que custa unha bolsa de
plástico hoxendía!)
Imaxinen vostedes que calquera día a Facenda Pública do Estado
buscando solucións para resolver o contínuo déficit de caixa puxera taxas e impostos ás catro laranxas por valor dun 80% sobre o
custe do produto? Vostede iría mercar catro laranxas e pagaría
2,75 € (o Estado recadaría 1,22 € por catro laranxas e vostede
seguiría levando a casa 1,53 €uros de laranxas!)
Case mellor non damos ideas, non vaia ser que alguén as poña en
práctica!
Vexamos agora cantas laranxas poderíamos mercar polo que custa un
paquete de tabaco (4,60 €)?
Arredor de 3 kilos de laranxas coas súas vitaminas que abondaría
para comer toda a familia e pagando un prezo xusto ao produtor,
distribuidor e comercializador das froitas!
Entende vostede que o Estado non somos nós, e que pola contra
padecemos un Estado Vividor que lonxe de preocuparse pola saúde das
xentes o único que lle interesa é recadar miles de millóns á
costa da noso benestar, saúde e felicidade?
Seguramente a ninguén importa en que gastan os 9.000 millóns do ano
2017, pero a mín sí me importa, porque cada día que me achego ao
estanco a mercar un paquete de veleno é un día menos para mercar
froita “fresca” que está polas nubes no país das laranxas!!!
Se lles parece outro día falamos do custe do peixe fresco que está
para alucinar !!!
Nota Bene:
O SERGAS asasino ten a virtude de non ocultar as súas intencións cando na propia páxina oficial no apartado Axudas para deixar de fumar, ten a pouca vergoña de enlazar a unha páxina que vende cachimbas, debe ser para ver se morremos antes...
Nota Bene:
O SERGAS asasino ten a virtude de non ocultar as súas intencións cando na propia páxina oficial no apartado Axudas para deixar de fumar, ten a pouca vergoña de enlazar a unha páxina que vende cachimbas, debe ser para ver se morremos antes...
As laranxas estaban SECAS e sabían a cámara frigorífica !!!
ResponderEliminarOs especuladores están levando todo o peixe fresco cara aos restaurantes de media España, a presión de conserveiras e das empresas de conxelado rematan a faena... A avaricia dalgúns non ten límite!
ResponderEliminar