O día que Vigo teña unha verdadeira Biblioteca do Estado, no corazón da cidade, con accesos e con fondos bibliográficos e audiovisuais dignos dunha cidade de 300.000 habitantes... xestionada por profesionais dedicados á Cultura con maiúsculas, dinámica e con proxección de futuro, ese día esta cidade industrial e comercial pode transformarse e salvar o seu futuro dunha vez por todas!
Temos unha Universidade que vive de costas á cidade, alonxada xeográficamente dende os seus inicios (culpa dos xestores da fenecida Caixa de Aforros Municipal de Vigo) que considerou que a Cidade debera medrar cara ao monte... sen decatarse que así o único que conseguiu foi subir a "cultura ao monte" (departamentos universitarios montunos durante 30 anos).
Hoxe é máis doado ir dende o Campus Universitario a Madrid, Barcelona, Londres, Bruxelas...grazas ao avión, que chegar dende o corazón da cidade á Universidade !
Pero todo podería mudar se alguén xestionara dunha vez ese espazo vergoñento que os vigueses soportan dende fai lustros coñecido como Panificadora!
Non imos entrar na historia reivindicativa de diversos colectivos sobre a recuperación dos Silos da Panificadora, xa está ben de lerias... o único INSOPORTABLE son as contínuas desculpas que todos os gobernos municipais deron para sacudir a súa responsabilidade coa cidadanía e facer de Vigo unha Cidade Fallida...
Agora temos proxectos, algún local, que comprende a Cidade coma un ente vivo que precisa respirar...
Refírome a un dos proxectos presentado por Pablo Xesús Fernandez Villoch e Maria Luisa Alonso Machado mención honorífica no concurso e que comunica o Paseo de Alfonso coa Praza do Rei.
Eu só engadiría unhas escaleiras mecánicas para comezar as obras mañá mesmo !
Vigo cunha verdadeira Biblioteca Pública do Estado tería por fin un corazón ilustrado !!!
Os departamentos universitarios terían, por fin, un lugar público de referencia onde despositar estudos e investigacións doctorais que hoxendía ninguén le por carecer de acceso e infraestructuras documentais adecuadas aos tempos que vivimos...
Vigo tería un corazón ILUSTRADO!
Sabedes do que seríamos capaces os vigueses, se dunha vez por todas, deixáramos de pensar en cartos, para pensar IDEAS ?
Efectivamente, esas ideas moverían a Cidade enteira ata transformala en verdadeira Cidade (logo virían os cartos correndo á procura dos beneficios, coma sempre!)
Os vigueses non volverían malvender o seu futuro nunca máis !
* * * * *
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Boga con dous remos...