05/04/2012

Carril Bici - Baiona - A Guarda


Está case a punto de inaugurarse o carril bici entre Baiona e A Guarda...  Lamentablemente esta obra faraónica deixará descontestos a moitos cidadáns sexan usuarios do carril bici ou da estrada pola costa.

9 millóns de €uros son cartos suficientes para ter feito unha obra máis amable coa filosofía da bicicleta: os responsables do proxecto semella que tiñan máis interese en gastar os millóns en formigón que en respectar un percorrido único pola súa beleza a carón do mar.

Os pretiles empregados ao longo do percorrido con máis dun metro de altura forman unha pantalla indecente que non se pode xustificar en ningún caso como medida de seguridade para os ciclousuarios, agás que estes non saiban andar en bicicleta ou o fagan a tal velocidade que perigue a súa integridade física se saen despedidos por mor dunha frenada de película!

Non contentos co muro da vergoña (que limita a visibilidade da paisaxe natural para os usuarios motorizados da vía) fixeron unha separación entre o carril bici e a estrada de tal magnitude que o ancho do carril viuse seriamente disminuido por culpa do formigón aplanado que intercalaron con postes catadriopticos... A seguridade non está reñida coa estética nin co sentido común.

Quen queira sair do carril bici terá que deter a súa bicicleta totalmente e pasala a man entre as bandas de formigón que apenas contan con dúas cuartas de separación entre elas, de xeito que se queres facelo subido á bicicleta o máis probable é que rompas un pedal ou caias directamente sobre a estrada...  Xa se sabe que as bicicletas son moi perigosas e cómpre "segregalas" totalmente do resto do tráfico rodado!

Lástima ter que narrar estes feitos cando calquera sabe que os ciclousuarios estamos mal vistos por reivindicar o que todos os demáis teñen: o dereito a circular libremente polas estadas do país.

Calquera que vexa o resultado deste carril-bici entre Baiona e A Guarda terá un novo argumento para considerar despilfarro o dereito a un sistema de mobilidade alternativo...

Basta decir que tódolos ciclistas seguen utilizando a estrada como vía máis segura para circular... 
Será que os enxeñeiros do Ministerio de Fomento non subiron nunca nunha bicicleta?

Entre tanto formigón dun lado e do outro o ciclista síntese prisioneiro e calquera movemento lateral é apenas posible por non dicir perigoso para a súa integridade física.  Ben é certo que en paralelo a este deroche de cartos existe unha inciativa moito máis amable, como é o Camiño de Santiago pola Costa, que vai moito máis lento (pois non conta con financiación suficiente) pero sen dúbida é moito máis respectuoso coa paisaxe, o medio ambiente e a liberdade dos usuarios para vivir en paz...!



Nunca chove a gusto de todos... pero algúns enxeñeiros deberan facer a ruta que eles mesmos deseñaron dúa veces ao día para que lles dera tempo a reflexionar sobre a responsabilidade da súa profesión.

Os ciclousuarios nunca pedimos tal obra faraónica de culto ao formigón !!!


Que quede claro !!!


Adenda:  

Seica a esta obra faraónica faltáballe aínda o seu Remate de IMPACTO !
A "xoia da coroa" son estes "mojones" que impiden o acceso ao carril de vehículos de catro rodas nas principais interseccións.  O malo do asunto é que son ENORMES e están feitos dun aglomerado de FORMIGÓN pulido e cortado en forma de "diamante" (un romboide perfecto para romper a crisma de calquera ciclista despistado con escasa habilidade para a maniobra)


Ninguén poderá dicir que os ciclistas non estamos "ben protexidos" ?




3 comentarios:

  1. Misteriosamente os "obstáculos de impacto" foron RETIRADOS!

    Xa podemos circular sen medo a romper os piños! Ás veces trunfa o sentidiño!

    Adiante logo, e disfrutar este Carril Bici dende A Guarda ate Baiona con moito Sentidiño!

    ResponderEliminar
  2. Cinco anos máis tarde, en 2017, retiran os separadores de formigón, pintan unha raia e poñen sinais e espellos: 750.000 euros

    Cóidate dos técnicos da cunquiña

    ResponderEliminar
  3. Non son accidentes, son asasinatos!
    Dúas mortes e unha vida rota por incapacidade permanente absoluta Non é un "anciano" é un ASASINO MÚLTIPLE !

    ResponderEliminar

Boga con dous remos...