13/07/2011

Da liberdade de expresión

Por que Galicia non conta con medios de comunicación libres e independentes ?



Escribo para reflexionar sobre o comportamento dos usuarios nos medios dixitais en Galicia. Somos moitos os que estamos preocupados polo futuro dos medios en galego e o que é máis grave polos ataques contínuos á liberdade de expresión nesta Terra.

Os medios convencionais contan con mil formas de eliminar a discrepancia na rede.

Basta filtrar mensaxes censurando as que non concorden coa súa liña editorial, ou publicalas coa demora suficiente para que ninguén lea, ou aparentar permisividade para logo botar os "cans" ao disidente... estratexias sibilinamente empregadas nos foros de El País cun éxito evidente.

Existen outras fórmulas aparentemente abertas que empregan foros e blogs asociados ao periódico. Deste xeito a penas un 10% dos lectores do diario chegan a saber destes "recónditos lugares" onde podes opinar cunha difusión semellante á que tería unha pintada na porta dun WC (nesa liña está o Grupo Prensa Ibérica dono do Faro de Vigo e Opinión Coruña).

Outros publican comentarios -se non censuran- pero discrecionalmente ao cabo do tempo os eliminan do servidor (Xornal de Galicia), e outros censuran directamente todo o que non comparten como é no caso de La Voz de Galicia.

Ente a "liberdade aparente" e a "liberdade de expresión" a sociedade non chega a facerse nin adulta nin madura democráticamente.

Algúns botaron man do que chaman "editores non xerárquicos" Menéame ou Chuza: dime de que presumes e direiche do que careces a persares da reseña faríades mal supoñer que Menéame é un lugar neutral políticamente (PSOE!) pero ao ser inmenso o número de usuarios e novas ás veces ata funciona correctamente...

Lamentablemente en Galicia o número de usuarios é moitísimo máis reducido e os interesados en cuestións políticas moito máis aínda, así ao cabo do tempo case todo o mundo tropeza nos mesmos lugares coas mesmas persoas e as cousas comezan a cheirar a podre en Dinamarca!

Cheiraban cando Chuza era Chuza... e logo do marcha do seu creador, Berto Yáñez, outros quixeron recoller o testigo pero o único que fixeron foi pecharse aínda máis sobre sí mesmos e volverse gueto no que agás que defendas o reintegracionismo, estás perdido!

Tódolos sistemas que empregan o karma negativo remata por pervertir a liberdade de expresión converténdoa nun xogo adolescente... o malo destes xogos é que estamos matando a independencia de criterio e só mantemos guetos que terminan morrendo de autorreferencia...

Ata aquí os antecedentes de feito, agora a cuestión:

¿por que en Galicia non temos medios de comunicación independentes con proxección de futuro e capaces de competir nas redes ou nos quioscos?

Cando un proxecto inicia a súa andaina reclama a presenza de usuarios que o fagan posible (suscrición, participación, difusión...) para poder existir. Este efecto chamada leva aparellado a causa mesma da morte do medio. Algúns defensores do galego e da nación séntense na obriga de acudir á chamada sempre que consideren que o proxecto reúne os requisitos previos para darlle o seu apoio.  Estas condicións vólvense draconianas cando o proxecto acada unha masa crítica suficiente como para camiñar sen eles... non son capaces de entender que o mundo é redondo e dá voltas tódolos días, non poden permitir opinións ou intepretacións que non sexan as súas propias, trátase de xente traballadora e disciplinada, pensan que deben manter a pureza do medio e defendelo contra vento e marea de calquera "intruso" e vólvense a causa da esclerose do medio!  (Praza Pública)

Queremos medios independentes e cando estamos a piques de telo revirámonos contra a "liberdade de expresión" e volvémonos sectarios da peor caste, furibundos defensores dunha pureza que non existe máis que no fondo da rede...

Estes defensores da nación cando saen da casa mudan a pel, pois do contrario este país sería a República dos Soños de contar con tan aguerridos combatentes.

Vemos xusto o contrario. Vemos a morte dos medios en galego porque non hai quen os merque ou porque non somos capaces de mantelos vivos e independente de tutela allea, e rematamos por converter bos proxectos en sitios de autocomplacencia, e gardando silencio por medo a dicir o que pensamos, e así imos matamos a liberdade de expresión nesta Terra!

Alguén sorrí, son os propietarios dos medios convencionais, que durmen felices sen competencia, ao ser os únicos que poden establecer a opinión subvencionada nos quioscos tódalas mañás...!

... lástima do país que perda a capacidade de sorrirlle ao forasteiro...!

2 comentarios:

  1. Pasaron 8 anos e non temos avanzado gran cousa!

    Sempre defendín o esforzo e bo traballo dun medio distinto na súa defensa da liberdade de expresión e de información e en galego!

    Refírome a Galicia Confidencial, pero nos últimos meses estamos vendo que tamén aquí comezan a aparecer "censuras previas" e o que vén sendo peor a imposibilidade de facer comentario algún...

    Galicia Confidencial dá cobertura a outros medios dixitais de recente criación coma é o caso do Xornal de Vigo que nace asociado a GC e que limita os comentarios dos lectores ás novas que eles consideran oportuno, noutras nin siquera abren os comentarios.

    Esto é o que temos logo de oito anos...?

    Para ser xustos cómpre dicir que hoxe podes escribir case calquera cousa nos comentarios de El Pais Galicia (seica aprenderon a lección!) e mesmo no xornal máis subvencionado pola Xunta de Galicia, La Voz de Galicia a pesares de que segue a existir unha censura previa evidente, están incrementando o número de comentarios publicados...

    Apostamos por medios libres e independentes en Galicia!

    ResponderEliminar
  2. Rectificamos:
    O consello de administración de La Voz de Galicia aprobou activar o muro de pago en marzo de 2019

    Así pagaremos dúas veces polos mesmos contidos (como sucede dende hai tempo no Faro de Vigo)

    Primeiro empetan as subvencións directas e logo capan as edicións dixitais para recobrar!

    ResponderEliminar

Boga con dous remos...