27/09/2010

Masa Crítica Galega 2010

Vigo debe ser a única cidade de Galicia, e eu diría do mundo, que non fixo ABSOLUTAMENTE NADA a favor da mobilidade sustentable, a pesares de que os seus 'gobernantes' pasan o día a presumir do que non fan ou do que NON SE ATREVEN a facer...


O día europeo sen coches pasou coma tódolos anos en Vigo sen pena nin gloria... e calquera acción a favor dunha CIRCULACIÓN MENOS AGRESIVA parece unha broma de mal gusto nos foros subterráneos que esta cidade sostén con fondos públicos e que pasan a vida facendo ou encargando INFORMES que nunca se fan públicos e que ninguén sabe a onde van parar... 

Tiveron que vir de fóra... máis de douscentos ciclousuarios galegos (de Ferrol, da Coruña, de Compostela, de Pontevedra e mesmo do Morrazo...) para facernos ver que VIGO debe ser a única cidade do mundo que envía á súa Policía Municipal -non para protexer aos ciclistas- senon para pedirlles o canet de identidade por se acaso poden DENUNCIALOS por circular en bicicleta !!!

Cando Abel Caballero era presidente da Autoridade Portuaria (antes do asalto á Alcaldía) prometeu  Carril Bici dende Guixar ata o Berbés... ¿alguén sabe onde quedaron as súas promesas?

O carril bici entre Vigo e Baiona foi unha mostra da Gran Miseria !!!

Pero somos os ciclousuarios OS PERSEGUIDOS nunha cidade que presume de ter as beirarrúas máis caras do país ?
  
A Masa Crítica Galega 2010 viu conmemorar o día europeo sen coches e a LEMBRARNOS que se esta cidade non move aos seus cidadáns na dirección do século XXI quedará descolgada da historia por moitos anos, e será internacionalmente coñecida como a CIDADE DO RUÍDO!

Invíto ao Concellerio de Tráfico (Xulio Calviño) a ver con tranquilidade este vídeo para que comprenda que ata os rapaces de cinco anos saben andar responsablemente en bicicleta por esta cidade se lles deixan facelo en paz...!

É un bulo que Vigo non sexa unha cidade para a Bicicleta !!!

O certo -por desgracia- é que Vigo, dende fai moitos anos, non ten políticos dignos!

Fagamos unha cidade máis habitable para TODOS !

ESTADES INVITADOS A PARTICIPAR !!!

A BICI NON CONTAMINA...  NIN GASTA GASOLINA !!!

PEDALEAMOS...  E NON NOS CABREAMOS !!!

SEN MALOS FUMES !!!   

Cando vexas a un ciclista pensa que ten o mesmo dereito ca tí a Circular pola Cidade !!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Boga con dous remos...