luns, 9 de agosto de 2010

Recortando dereitos e liberdades na Rede Galega




Sen coñecer os intrígulis do mundo editorial galego é difícil diagnosticar un remedio que evite novos apaños nos medios de comunicación que levarán aparellada novas restriccións da LIBERDADE DE EXPRESIÓN en Galicia.

Os últimos datos non son moi alentadores, cando asistimos ao peche do decano da prensa galega 2.0 (VIEIROS) fálase de que os medios deben subsistir por sí mesmos (sen subvencións) e un pensa que algo se agocha tras o tratamento desta morte anunciada.

Os medios galegos lonxe de analizar os problemas reais que levaron a VIEIROS a pechar un 24 de xullo, falaban máis ben das vantaxes que outros medios terían para sustituiren ao defunto. Semella que somos moi galegos cando no enterro falamos da herdanza e do reparto entre os vivos que asisten á cirimonia.

Seica pretenden herdar o espazo virtual de que deixa o defunto VIEIROS e suponse que os beneficiarios son XORNAL DE GALICIA, GALICIAÉ e GALICIA CONFIDENCIAL. Tamén algúns pretendentes ao 'trono alternativo' que andan divididos como acostuman os que só poden aspirar ás débedas pendentes.

O mesmo día da Patria Galega foi elixido por un dos máis dinámicos websmaster galegos (Berto Yáñez) para enterrar o portal de novas non xerárquico denominado Chuza! que agora anda escindido entre refundarse Chuza(r) ou pasarse ao país veciño onde o idioma portugués seica é o mesmo que falamos tódolos galegos.

O problema non é quén vai herdar o espazo virtual senon quén vai facilitar aos usuarios da rede galega a LIBERDADE DE EXPRESIÓN que ofreceu durante 15 anos o desaparecido VIEIROS ?

E neste tema as cousas son pouco transparentes. Algúns fixeron prospeccións de mercado en función da análise de ALEXA. Vender a pel do oso antes de cazalo non é aconsellable pero agradecemos a información sobre quen manda na rede galega: La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego... e quenes aspiran a mandar: Xornal de Galicia, que ós catro días do peche de VIEIROS dixiría aos orfos lectores cara o seu sistema de suscrición para gañar cota de mercado canto antes.

Nada teríamos que dicir se as cousas foran como parecen... algo debe ter a auga cando a bendicen e algo debe ter o Grupo SANJOSE con estas mortes prematuras e coa financiación dos medios que aspiran á sucesión do defuntiño (?) Pedimos información ao grupo inversor pero non tivemos resposta algunha sobre cantas cabeceiras estaban sendo financiadas polo seu presidente e dono da maioría do capital Jacinto Rey, o mesmo que mantivo unha nefasta entrevista co vicepresidente Quintana antes das últimas eleccións cando o grupo tiña importantes intereses eólicos, e supoño que destas boas relacións xurdiu aquel berro na praza da Quintana: O AIRE É NOSO... Outra vez vendíase a pel do oso antes de cazalo... coincidencias, habelas hainas... pero habería que dar con elas.

Certo que as hipóteses deben ser demostradas, pero en Galicia case sempre temos que facer as cousas por reducción ao absurdo, e cando nos medios máis críticos e abertamente 'alternativos' se produce un espeso silencio sobre o caso, parece indicar con bastante fiabiliade que estamos a poñer o dedo na chaga xusto onde a alguén máis lle doe... refírome ao señor Carlos Aymerich aspirante ao título de candidato a presidir a Xunta de Galicia e que pediu retirar de Galicia Confidencial un aburrido artigo que levaba por título: 'unha patria para todos e todas' (hoxe no blog de +Galiza que non admite réplicas de ningún tipo).

O silenzo ás veces é moi expresivo (ver comentarios)

¿Por que son medios alleos os que recollen con máis sensibilidade o sucedido na rede galega?


¿Será que nas 28.000 bitácoras, que segundo Blogaliza están activas na actualidade, ninguén sinte a morte de VIEIROS máis alá de dar as condolencias e agradecer os servizos prestados ao longo destes quince anos de vidao...?

Penso que tanto SILENCIO é moi mal síntoma para o futuro da democracia na nosa terra. Se a hipótese se verifica antes do que pensamos teremos uns medios de comunicación controlados ao máximo polos propietarios dos grupos de inversión que -coma sempre- tentarán quedarse co territorio e as súas riquezas a prezo de saldo... mentres de paso silencian a voz da cidadanía galega que busca cambiar o rumbo cansino dun país milenario sempre estafado polos que tiñan obriga de levalo a un lugar de honra no mundo das nacións.

Mataron a VIEIROS por non ser 'nacionalista' dabondo segundo os criterios do mercado electoral. Se o que nos queda na rede galega é o que algúns entenden por 'nacionalismo' penso que moito mellor nos fora manter o 'nacionalismo de salón' no que, cando menos,  tiñamos LIBERDADE DE EXPRESIÓN.

O único medio na rede galega que permitía a libre publicación era VIEIROS.

Hoxe son moitos os que desexan recortar dereitos e liberdades nos tempos escuros...?

Triste é o cantar que cantamos... 
máis outro mellor non hai...!


Pecha o Xornal de Galicia

Sangría nos Medios Galegos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para navegar cómpren dous remos...