domingo, 13 de agosto de 2017

En tempos de miserias...


Hai só un ano que a oposición galega tivo unha idea "revolucionaria", íamos dar un paso político para avanzar na unidade da esquerda, e poder chegar a gobernar a nosa terra por nós mesmos, sen intermediarios nin sucursais españolas que durante 40 anos esquilmaron os recursos naturais explotando a forza de traballo das galegas e galegos!

Os partidos hexemónicos (PP e PSOE) prepararon a súa artillería e o chamado "partido instrumental" comezou a súa andaina cara á conseguir a tan necesaria "unidade" que permitira acadar o poder político na Galiza.

Pero os fogos de artificio duraron pouco: o grupo "podemita" seguiu sendo unha incógnita en Galicia, cunha tropa reclutada   nas eleccións xerais pronto amosaron disensións internas (deputadas e senadora non recoñecen á súa Secretaria autonómica elixida por votación das bases de Podemos Galicia!) Velaí o primeiro colapso democrático da nova esquerda!

O conglomerado de En Marea deixou pasar o tempo para ver de aclarar as liortas internas entre Esquerda Unida - Anova - Cerna - e as chamadas Mareas Municipalistas, pero o tempo pon a cada quen no seu lugar e Luís Villares non foi quen de refundar o "partido instrumental" que soñaba Beiras, e para manter algún "poder interno" non se lle ocorreu outra cousa que deixar fóra da Coordinadora aos alcaldes que "gobernan" as tres cidades galegas que fóron capaces de darlle a volta á política local da Coruña, Santiago e Ferrol. Cousas veredes que ninguén comprende!

Logo dun ano "contándonos contos" nin siquera foron capaces de poñerse dacordo nos salarios que deberan cobrar os revolucionarios representantes. Que si EU tiña un sistema de cuotas, que si Podemos tiña outros criterios contables, que si Anova tamén tiña dereito a manter á súa formación política, e o máis escandaloso, si Luís Villares debera cobrar máis que tódolos demáis polo chamado "lucro cesante" resultado de colgar a toga e descender á actividade política galega!

Mentras, en cada rincón de Galicia multiplícanse os problemas coas Mareas Municipalistas, que nin sabemos cantas son nin cantos están en nómina, cantos na oposición e cobrando coma Marea de Vigo, e cantos fóra dos concellos agardando o seu turno para entrar no establishment local...

Mentres de Galicia pouco se fala, e menos se lexisla. 

O BNG mudou de rostro mediático e sigue enrocado no seu principio básico do "nacionalismo internacionalista" (confuso termo criado polo ideólogo da UPG, Paco Rodríguez) mais resulta que este BNG xa non conta cos escanos necesarios para presionar nin a Feijoo no Parlamento, nin a Rajoy no Congreso, nin siquera a Abel Caballero no Concello de Vigo... Mesmo en Pontevedra pacta cunha Carmela Silva que encarna á perfección a corrente neoliberal do partido socialista en Galicia.

E chegou o Día da Patria e cada quen polo seu lado (nas manifestacións do primeiro de maio xa sucedera o mesmo!) polo que se ve estamos lonxe desa "unidade da esquerda" que serviu de bandeirín de enganche para centos de miles de votantes que creron que logo dunha brutal crise estabamos en condicións de asaltar os ceos ou cando menos de poñer un chisco de imaxinación no centro das decisións políticas nesta terra!

E agora que... agora tres anos por diante para soportar en silencio o fracaso da que ía ser a "nova política"?

Cando menos, xa que estamos bloqueados nas redes sociais e se nos retira o dereito a discrepar públicamente por consideralo pouco oportuno, alomenos temos unha ferramenta obxectiva que poderíamos usar a cotío para comprobar se estas persoas fan o que dín ou simplemente están vivindo das Institucións mentras retuitean a todas horas coma se traballaran a cachón.

A día de hoxe o traballo efectivo das 5 deputadas e 1 senadora de En Marea en Madrid é o seguinte:

Alexandra Fernández Gómez e Yolanda Díaz Pérez encabezan a lista, coa nada desprezable cifra de 126 iniciativas parlamentarias

A senadora Maria Vanessa Angustia Gómez multiplica o seu traballo viaxando a Caracas para certificar a limpeza democrática do proceso electoral da ANC de Nicolás Maduro e conta no seu haber con 78 iniciativas parlamentarias (as mulleres ao poder!)

Miguel Anxo Fernández Bello a pesares de non vivir en Lugo presenta un saldo de 74 iniciativas parlamentarias

Antonio Gómez-Reino Varela traballa case a metade das súas compañeiras, para que logo fale de igualdade de xénero, con 67 iniciativas parlamentarias

Angela Rodríguez Martínez só conta con 31 iniciativas parlamentarias, semella que as políticas de "igualdade" son a súa áncora para seguir vivindo "a lo grande"!

A campeona en intervencións sería a nosa europarlamentaria Lidia Senra cun total de 1.682 actividades parlamentarias pero cómpre suliñar que xa pasaron 3 anos dende a súa primeira intervención un 14 de xullo de 2014 cando afirmaba que viña da Galiza: un pobo do sur onde se pasaba fame... Para ser xustos deberamos aclarar que Lidia conta con SETE ASESORES que deben ter algo que ver co número total de iniciativas presentadas, se dividimos o número total entre 8 persoas teñen 210 inicitavas per cápita en tres anos! 



Para testar o traballo das nosas parlamentarias en Galicia a cousa pinta mal, pois a mesma web do Hórreo encárgase de ocultar este dato detras da simple asistencia aos plenos coma se o groso do traballo parlamentar fose sentar no hemiciclo para cobrar sustanciosos emolumentos... digamos que vén sendo coma se pasaran lista nos distintos órganos da cámara: pleno, comisión, xunta de portavoces, etc... basta con sentar para figurar (o que non sabemos é o que se fai unha vez sentado!)

Como en Galicia o PP conta con maioría absoluta a xente desculpará que as súas señorías non fagan nada, agás agardar ao ano 2020 para comezar a traballar...

Aínda así podedes tentar averiguar o ranking das traballadoras do lexislativo de Galicia, descontando os 36 días de sesións nos Plenos realizados ata hoxe (agosto 2017) e pasando das tarefas de puro trámite, non vai ser fácil descubrir cal foi o traballo efectivo das súas señorías nesta "casa da palabra" ou Parlamento de Galicia.

Aínda así existe un dato que podería ser esperanzador se o criterio fose presentar mocións, preguntas orais e escritas e logo deixalas morrer agardando a súa tramitación sine die... topamos 1395 expedentes pendentes de tramitación, nada menos que 1.170 expedentes tramitados (aínda que o resultado está moi lonxe de mellorar a vida da xente!)

En resumo o grupo parlamentario En Marea leva presentadas na cámara 2.565 accións, que dividas entre 14 deputadas sairía 183 iniciativas por parlamentario (cousa incríble se comprobamos que no ano que levamos de lexislatura a cidadanía non viu resultados positivos agás un mar de papel...) 

Tan malo é non-facer como facer por facer... sen chegar a acordos que melloren a vida das persoas!

Para evitar que os tres anos que restan de lexislatura sexan tan estériles coma o presente, deberamos dicirlles día sí e día tamén que NON é iso o que agardábamos deles, que os nosos problemas son outros e máis urxentes que si Venezuela vai ou non vai como algúns pensan que debe ir, que nós estamos aquí agardando por unha lexislación que nunca dá chegado: que non sabemos por qué a conexión a intenet subiu este ano 5 euros/mes, que non podemos ter unha conta nun banco cando nos fríen a comisións, que os libros de texto seguen polas nubes a pesares de ser dixitais, que os prezos dunha compra básica seguen subindo sen que suban os salarios (e cando suban os salarios os prezos aínda subirán máis!), que estamos cansos de consumir bazofia na televisión pública e que non temos cartos para mercar televisións privadas, que a transción tecnolóxica á TDT non foi máis que un gran timo colectivo como mostran as cadeas de televenta que son as únicas que emiten sen descanso, que temos fillas e netas que non sabemos que vai ser delas cunha educación cada vez más estandarizada e masificada nunhas aulas que rebentan con máis de 30 rapaces cando os convenios con institucións privadas aumentan cada día sen que poidamos facer absolutamente nada para evitar a sangría, que o mesmo está a suceder coa nosa sanidade (a mellor do mundo antes de que chegaran os novos xestores) na que as listas de agarda son infinitas e xa ninguén vai ao médico agás en caso de extrema necesidade e cando temos que morrer nin siquera temos dereito a unha morte digna porque somos reféns dun sistema farmaceutico e biosanitario que explota as nosas vidas ata o último segundo... que as vivendas seguen nas mans da SAREB sen que a xente teña acceso a unha vivenda digna a prezos asequibles (que se siguen a producir desafiuzamentos tódolos días!), que vemos como o noso medio natural vai desaparecendo coa disculpa do turismo, e agora seica tampouco as árbores van poder vivir a carón das casas porque din que para loitar contra o lume debemos talalas porque matando ao can seica rematan coa rabia... (mentres o picudo vermello arrasou tódalas palmeiras e campa libremente sen que ninguén teña intención de erradicalo, pero agora imos ter que arrincar tódolos piñeiros para darlle de comer a industria da madeira!), dicirlles que non somos súbditos aínda que o pareza... e que xa non tragamos con revolucións pendentes para non se sabe cando, que mentres vivamos non imos deixar que morra a esperanza de ter un mundo mellor xestionado aínda que teñamos que encher as redes sociais de queixas sen descanso...

Pouco máis podemos facer nos tres anos que restan para que estes artistas se poñan a traballar en serio!

Unidade da esquerda non sei, o único que sei é que estamos ata o carallo desta esquerda que cando chega ás Institucións convírtese en Dereita antes do que canta un galo; non damos creto a que sexan precisamente estas "revolucionarias" as primeiras en bloquear as contas da cidadanía cando é crítica con elas... Basta mirar as críticas (mesmo insultos) que se verten a diarío contra os representantes da dereita (tanto no goberno coma na oposición) e falta o día que teñamos noticia de bloqueo algún... 



Pero agora vai resultar que os que viñeron para representar as aspiracións do pobo son os primeiros en SILENCIAR a este mesmo pobo cando lles dí que non é iso o que agardan e que a súa tarefa debera ser exemplar e non mimetizarse coa tropa que leva 40 anos vivindo á sombra das Institucións do Estado!  

Para iso non foron votadas e, se é preciso, teremos que botalas na seguinte oportunidade e poñer a outras no seu lugar !!!

Que a democracia é un billete de ida e volta, que temos dereito a dicir o que non nos gusta e a mudar as cousas para melloralas, que aquelas que non traballan deberan abandonar o escano, que o postureo mediático xa non engana a ninguén, e que se non se poñen as pilas van saír voando tan rápido coma entraron... 

Que non conten os votos para ver de sacar escano nas seguinte convocatoria electoral porque o que deben é contar coas persoas e escoitar e atender as súas opinións que para iso foron elixidas, e non para atrincheirarse ou empoleirarse nos medios contando contos que a ninguén interesan, agás para ocultar a súa falta de compromiso real (traballo) para mellorar este país...

Se En Marea é un "partido instrumental" entón non é un "partido normal", é só un instrumento para transformar a realidade dun pobo, e non pode ser que sexan os inscritos quen DECIDAN o futuro de En Marea, esa decisión é de todas e non só dos 2.330 que deron o seu DNI para figurar no listado do Ministerio do Interior!

Ollo con xogar coa xente... 
non vaia ser que consigades xusto o contrario do que soñabamos...!

2 comentarios:

  1. Por que será sempre a que menos traballa, a que mellor vive! Non sabemos se PAGA as cuotas a Podemos-EnMarea ou é das que, por riba, Aforra en Gastos!

    ResponderEliminar
  2. La línea política definida por el actual Portavoz Luís Villares, y sus aliados internos (entre ellos Cerna, antigua pequeña escisión de Anova que boicoteó, en la práctica, los procesos de acumulación)...

    Cerna, é o Cabalo de Troia da UPG dentro de En Marea!

    ResponderEliminar

Para navegar cómpren dous remos...