Levo demasiado tempo lendo e escoitando palabras baleiras que o único que fan é multiplicar os entes sen necesidade... disque agora imos ter novos proxectos comunicativos moi ambiciosos mentres case ninguén apoia os proxectos reais que están a RESISTIR día a día no pais.
Volvo a falar de GaliciaConfidencial e volvo a falar da Rede Social Cabozo (agora con novo deseño gráfico) e por máis que o intento non son capaz de chegar a convencer a ninguén da NECESIDADE urxente de facer apostas de futuro nestes tempos escuros...
Semella que estamos máis abducidos que nunca polas tecnoloxías e polo chamado 'espiritu emprendedor' que cada día achéganos máis e máis ao ideal de Ikea : A República Independente da Nosa Casa !
Algúns entran coma elefantes en cacharrería facendo moito ruído e creando expectativas de negocio que ninguén entende (SocialTrend) outros apelan á solidariedade comunicativa cando estamos lonxe de saber cara onde levan a auga do muíño (PrazaPública) e neste rebumbio de novidades mesmo os máis indignados co sistema buscan refuxio en redes underground dunha complexidade extrema para o común dos mortais (N-1).
Pero o que lamentablemente vou comprobando cada día é como a meirande parte dos internautas vanse desprazando cara ao gran burato negro que todo o fagocita (facebook) a pesares de rexeitalo públicamente logo rematan enganchados na política de cotilleos importada desa América profunda que só ten un obxectivo declarado: facer cartos a montes e moreas!
Parole, parole, parole... e cando podíamos darlle á volta a esta situación de abducción xeralizada grazas ás ferramentas realmente-existentes e á nosa alcance, imos correndo a botarnos nas mans do demo...?
Resistir sí, pero para que...? Para dar conta do mundo ?
Estamos no mundo só para levantar acta do que fan outros...? non temos sangue nas veas siquera para aportar algo propio ao futuro que poderíamos construir se fixeramos uso da verdadeira liberdade?
Semella que cada trebello tecnolóxico apunta só na mesma dirección: facer o máximo ruído para que nada se chegue a escoitar!
Agora aínda podemos falar... mañán deus dirá...!


0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada