Dado que os medios de in-comunicación énchen a nosa cabeza con mentiras, medias verdades e descualificacións gratuítas, que van dende alcumar de "violenta" a "perroflauta" a toda a cidadanía cando exerce o seu lexítimo Dereito a Disentir !
Teremos que contrastar a información cotiá coas imaxes que revelan o verdadeiro rostro do 15M.
Sen dúbida cada un dos DEZ MIL cidadáns que tomamos a rúa o pasado domingo 19 de xuño somos extremadamente VIOLENTOS coas mentiras de políticos e banqueiros...
Sí, é certo !
Como tamén é certo que cada un dos DEZ MIL homes, mulleres, nenos e nenas teñen as súas lexítimas aspiracións a VIVIR EN PAZ tocando a flauta e o que máis lles guste tocar...!
Porque a vida non se fixo para "amasar" diñeiro e morrer de noxo cotiá...
Sí, é certo !
Que alomenos DEZ MIL PERSOAS espertaron da pesadilla na que políticos sen vergoña quixeron enterrar para sempre o noso dereito a Decidir o noso Futuro !
E certo é xa non queremos durmir máis e que imos estar sempre moi DESPERTOS !!!
NUNCA MÁIS imos permitir que decidan nada por nós... queremos decidir o noso futuro !
Sabemos que NON NOS REPRESENTAN sabemos que non fixeron esforzo algún para merecer o noso respecto, levamos máis dun mes na rúa mentes eles miran para outro lado e amañan os seus pactos contra natura...!
NON SOMOS MERCANCÍA...
SOMOS PERSOAS E TEMOS DIGNIDADE !!!
Podes dicilo con total claridade, xa non imos calar máis !
Todo o que eles dín é tamén MOI CERTO !


grazas!! polo video, polo artigo e sobre todo por compartir a rúa comigo ese día de esperanza e ilusións renacidas, un día digno de ser vivido :-)
ResponderSuprimirquero deixarvos un enlace dun "antipartido" que promove a democracia directa dixital poderia ser unha via na q fixarse para canalizar todo isto, infiltrando ó pobo no propio congreso, xa sexa con esas ou outras siglas, zecais pareza ambizoso de mais pero como din por ahi: se loitas podes perder mais se non loitas estas perdido..
botadelle unha ollada: d-3.info
unha aperta
Gracias Lois pola túa interesante contribución...
ResponderSuprimirDí Villacañas que todos os que vivimos 30 anos de "democracia" temos o DEBER de Iluminar o Futuro!
Ogallá !
Interesante: REFERENDUM 15 Octubre
ResponderSuprimirDRY NON apoia (de momento) a proposta de Referendum!
Se queredes coñecer a OPINIÓN sobre o Movemento 15M ver METROSCOPIA